Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 8987

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 863/2018).

Eu, María de los Ángeles López Carballo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data no procedemento DSP 863/2018, sobre despedimento, seguido por instancia de Mirena Teijeira González contra a empresa Felipe Bustos Torresano, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXRS, citar o demandado, Felipe Bustos Torresano, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 29 de abril de 2019, ás 11.45 horas, no andar 4, sala 9, edificio de xulgados, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia e que a parte demandante solicitou o seu interrogatorio.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto de admisión, así como as demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Felipe Bustos Torresano, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza