Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 8976

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2019 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria (máster conxunto da Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo).

O máster universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 3 de agosto de 2018 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado do 7 de setembro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 29 de agosto de 2018).

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título do máster universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título do máster universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil
e Primaria pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4316441.

Plan de estudos que se inicia no curso 2018/19.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)…..……….………………………

Prácticas externas (PE)………………………...

Traballo fin de máster (TFM)……………….…

24

21

 6

 9

Total……………………………………………….

60

3. Contido do plan de estudos:

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Organización temporal

Aplicación das TIC na Innovación Educativa

OB

3

Cuadrimestral

Metodoloxía de Investigación Educativa

OB

3

Cuadrimestral

AICLE: Aprendizaxe Integrada de Contidos en Linguas Estranxeiras

OB

4,5

Cuadrimestral

Deseño de Proxectos Interdisciplinares

OB

4,5

Cuadrimestral

Análise de Experiencias Interdisciplinares

OB

4,5

Cuadrimestral

A Contorna como Recurso Educativo

OB

4,5

Cuadrimestral

Investigación e Innovación en Didáctica das Ciencias Experimentais

OP

3

Cuadrimestral

Dificultades na Aprendizaxe das Matemáticas. Enfoque Práctico

OP

3

Cuadrimestral

Investigación e Innovación en Didáctica da Matemática

OP

3

Cuadrimestral

Investigación e Innovación en Didáctica das Linguas Iniciais e as súas Literaturas

OP

3

Cuadrimestral

Investigación e Innovación en Didáctica da Lingua e a Literatura Estranxeira (Inglés/Francés)

OP

3

Cuadrimestral

Procesos e Estratexias en Fotografía e Arte Contemporánea

OP

3

Cuadrimestral

Investigación e Innovación en Didáctica das Artes Visuais

OP

3

Cuadrimestral

Expresión Musical e Novas Tecnoloxías. Estratexias Didácticas

OP

3

Cuadrimestral

Investigación e Innovación en Educación Musical

OP

3

Cuadrimestral

Traballo por Proxectos en Educación Física

OP

3

Cuadrimestral

Investigación e Innovación en Didáctica da Expresión Corporal

OP

3

Cuadrimestral

Intervención Didáctica en Espazos Culturais

OP

3

Cuadrimestral

Investigación e Innovación en Didáctica das Ciencias Sociais

OP

3

Cuadrimestral

Novas Tendencias na Educación Ambiental

OP

3

Cuadrimestral

Prácticum (prácticas externas)

PE

6

Cuadrimestral

Traballo fin de máster

TFM

9

Anual

No curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º (actividades preparatorias) e o 2º cuadrimestre (prácticas en centros), dado que a disciplina anual ten unha distribución de créditos que así o permite.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título do máster universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria.