Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 8981

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2730/2018-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2730/2018-CON

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 33/2015 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrentes: Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151

Avogado: Javier Balo Couto

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Maderas Ovidio, S.L., Juan Manuel Laíño González

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Joaquín Pérez Lijo

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2730/2018-CON de esta sala, seguido por instancia de Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Maderas Ovidio, S.L., Juan Manuel Laíño González, sobre outros dereitos de seguridade social, se pronunciou a seguinte resolución:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social número 151 contra a sentenza con data do 12 de febreiro de 2018, pronunciada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en autos 33/2015, revogamos a sentenza impugnada, e con íntegra estimación de demanda reitora declaramos a responsabilidade directa da mercantil Maderas Ovidio, S.L. no aboamento das prestacións derivadas do accidente de traballo sufrido por Juan Manuel Laíño González o 11 de xaneiro de 2014, e anticipadas por Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridade Social número 151 e, en consecuencia, condenamos a Maderas Ovidio, S.L. a reembolsar a Asepeyo o importe das cantidades por esta anticipadas en concepto de subsidio de IT e de gastos de asistencia sanitaria, que ascenden a 12.605,05 euros, e declárase, así mesmo, a responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS, para o caso de insolvencia da mercantil codemandada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Maderas Ovidio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza