Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 8938

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

EXTRACTO da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT215A).

BDNS (Identif.): 438742.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

a) Institucións sen ánimo de lucro.

b) Entidades locais.

As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.

Segundo. Finalidade

O financiamento de actuacións relativas á organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames musicais, teatrais, de danza e outras artes escénicas que teñan lugar no territorio de Galicia e que adiquen unha especial atención á programación e difusión da música, o teatro e a danza de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2019.

Cuarto. Importe

As subvencións reguladas nesta orde concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2019, seguintes: 11.20.432B.481.2 por un importe inicial máximo de 30.000 euros, para os solicitantes dentro do grupo de institucións sen fin de lucro e 11.20.432B.460.0, por un importe inicial máximo de 20.000 euros, para o grupo de solicitantes de entidades locais.

A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 6.000 euros, que en ningún caso poderá exceder do 70 % do orzamento total do proxecto a realizar. Este importe de 6.000 euros ascenderá a 7.500 euros cando se trate de solicitudes conxuntas de entidades locais.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo