Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 98/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 98/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Vilacoba Val contra Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estímase a demanda presentada por instancia de Patricia Vilacoba Val contra a entidade Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.495,10 euros en concepto de salarios debidos, parte proporcional das pagas extras e complemento de transporte, máis o xuro por mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas, e fágaselles saber que é firme e que contra ela non cabe interpor ningún recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza