Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8470

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 793/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 793/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Calviño González contra Vera and Gaby, S.C, con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 793/2017.

Demandante: María del Carmen Calviño González.

Letrado: Sra. Dubra Rey.

Demandada: Vera and Gaby, S.C.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza número 15/2019.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María del Carmen Calviño González fronte a Vera and Gaby, S.C. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno o demandado a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicions que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segúndo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 711,02 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 32,32 euros/día.

3º. O Fogasa deberase ater ao resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vera and Gaby, S.L., en ignorado paradoiro, expido este anuncio para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza