Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2019 Páx. 7774

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3276/2018 MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 3276/2018 MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 555/2014 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: letrado da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos y Áridos de Atio, S.L., Manuel Vila Rodríguez, Granitos Moravi, S.L., Indalecio Domínguez Gil, Graniatios, S.L., Bloques de Porriño, S.A., Juan José Cruces Ramírez, Extragra, S.L., Granitos Penizas, C.B., Pablo Morais Núñez, Antonio Domínguez Gil, Cabaleiro Nogueira, S.L.

Avogados: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Pablo Viana Tomé, Ana Teresa Sobrino Martínez, José Benito Vázquez Estévez, José Benito Vázquez Estévez, Emilio La Cuesta Mediero, Marta Gradín Daga, Alfredo Briales Porcioles, (…), José Benito Vázquez Estévez, José Benito Vázquez Estévez, José Benito Vázquez Estévez, Emilio La Cuesta Mediero.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3276/2018 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos y Áridos de Atio, S.L., Manuel Vila Rodríguez, Granitos Moravi, S.L., Indalecio Domínguez Gil, Graniatios, S.L., Bloques de Porriño, S.A., Juan José Cruces Ramírez, Extragra, S.L., Granitos Penizas, C.B., Pablo Morais Núñez, Antonio Domínguez Gil, Cabaleiro Nogueira, S.L., sobre recarga de accidente, se pronunciou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Luis Ignacio Díaz Lombardero, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, do 28 de setembro de 2015 en autos número 555/2014, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Extragra, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG».

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza