Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 232/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 232/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángela Ciupea contra Juan Francisco Vidal Lojo, Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a Ángela Ciupea con Juan Francisco Vidal Lojo e condeno a Juan Francisco Vidal Lojo a abonarlle a Ángela Ciupea a suma de 1.579,13 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 12.102,58 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Francisco Vidal Lojo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza