Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2014/80/27 e dez máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas interesadas que a seguir se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes están á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñeceren o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terán por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes, ante o xulgado de primeira instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 11 de xaneiro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Efectos xurídicos

Data da resolución

X7821347J

2014/80/27

Cambio de medida administrativa e mantemento do recurso

3.8.2018

X7821347J

2014/307/36

Cambio de medida administrativa e mantemento do recurso

3.8.2018

78546249F

2014/82/27

Improcedencia de medida

3.9.2018

34635888G

2006/42/27

Improcedencia de medida

22.8.2018

35625493B

2016/31/27

Improcedencia de medida

30.8.2018

33325838B

2012/42/27

Cesamento da medida e arquivamento

25.9.2018

79335866B

2016/26/27

Improcedencia de medida

3.9.2018

33323942R

2003/91/27

Concesión de recurso

22.8.2018

X3386404E

2009/156/27

Cambio de medio

21.8.2018

34707701B

33856782T

2004/5/32

Mantemento de medida e modificación de recurso

1.10.2018

María Rosa

Monteiro Varela

2011/57/27

Cesamento de recurso

12.9.2018