Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2007/185/27 e dez máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes están á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer, para coñeceren o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terán por notificadas.

As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes, ante o xulgado de primeira instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 11 de xaneiro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Nº de expte.

Efectos xurídicos

Data da resolución

DNI: 76573067H

2007/185/27

Asunción de medida administrativa

2.11.2018

DNI: 76573067H

2014/47/27

Asunción de medida administrativa

2.11.2018

Fatima Belgourmat Mohamed Belbaroudi

2018/134/27

Cambio de medida administrativa

Corrección de erros 7.11.2018

Alexandra-Mia Cirpaci

2014/201/27

Improcedencia de medida administrativa

12.11.2018

NIE: X7222659S
NIE: X6960810K

2010/159/27

Improcedencia de medida administrativa

9.11.2018

Andreea Denisa Cretu

2008/122/27

Improcedencia de medida administrativa

6.11.2018

Anghel Samir Cretu

2008/123/27

Improcedencia de medida administrativa

6.11.2018

NIE: Y4628126B

2007/225/27

Improcedencia de medida administrativa

6.11.2018

DNI: 35623746N

2011/134/27

Improcedencia de medida administrativa

29.10.2018; corrección
de erros 7.11.2018

DNI: 34284567P

2014/204/27

Improcedencia de medida administrativa

26.10.2018

NIE: X5910591M

2010/94/27

Cesamento de medida e arquivamento

2.11.2018