Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cristovo de Cea

ANUNCIO das bases para a selección en propiedade de oito prazas de persoal laboral fixo, proceso de consolidación de emprego temporal, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de San Cristovo de Cea, do 24 de xaneiro de 2019, apróbanse as bases para a selección en propiedade de oito prazas de persoal laboral fixo (consolidación de emprego temporal), vacante, mediante sistema de concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 26, do 31 de xaneiro de 2019, publicáronse integramente as ditas bases da convocatoria, realizada polo Concello de San Cristovo de Cea (Ourense), para prover mediante concurso-oposición libre, oito prazas de persoal laboral fixo (consolidación de emprego temporal), e dotada cos emolumentos correspondentes.

As ditas prazas resultan ser:

2 prazas de persoal de limpeza de edificios municipais e outros.

1 praza de persoal de limpeza viaria e outros.

1 praza de persoal do servizo de medio ambiente; condutor tractorista-desbrozadora.

1 praza de persoal do servizo de obras e outros.

1 praza de encargado de albergue, edificios municipais e outros.

1 praza de encargado de biblioteca (auxiliar de biblioteca) e outros.

1 praza de traballador social.

O prazo de presentación das solicitudes para participar no procedemento selectivo, será de 20 días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, tendo sempre en conta o recollido nas bases xerais e nas bases específicas.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicáranse, unicamente no correspondente Boletín Oficial da provincia de Ourense, no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal, segundo establecen as bases da convocatoria.

San Cristovo de Cea, 31 de xaneiro de 2019

José Luis Valladares Fernández
Alcalde presidente