Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cristovo de Cea

ANUNCIO das bases para a selección dun funcionario de carreira dunha praza da escala de Administración especial, subescala técnico, denominación técnico de fomento do emprego, xestión económica e administrativa, vacante, mediante o sistema de oposición libre.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de San Cristovo de Cea, do 24 de xaneiro de 2019, apróbanse as bases para a selección en propiedade dunha praza de Administración especial, subescala técnico, denominación técnico de fomento do emprego, xestión económica e administrativa, vacante, mediante sistema de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 26, do 31 de xaneiro de 2019, publicáronse integramente as ditas bases da convocatoria, realizada polo Concello de San Cristovo de Cea (Ourense), para prover mediante oposición libre, unha praza de Administración especial, subescala técnico, vacante no cadro de funcionarios e dotada cos emolumentos correspondentes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar no procedemento selectivo será de 20 días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse, unicamente, no correspondente Boletín Oficial da provincia de Ourense, no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal, segundo establecen as bases da convocatoria.

San Cristovo de Cea, 31 de xaneiro de 2019

José Luis Valladares Fernández
Alcalde presidente