Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 504/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 504/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Oribe Devincenzi contra a empresa Quatroprint, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Fernando Oribe Devincenzi contra Quatroprint, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 8.100,06 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais, que comportan 6.965,55 euros, desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os importes correspondentes a vacacións e aviso previo, que comportan 1.140,45 euros, desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Quatroprint, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza