Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2018 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2017/18, convocados pola Orde do 27 de agosto de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 6 de setembro).

A Orde do 27 de agosto de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2017/18, establece no seu artigo 14.1, que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección á conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, que emitirá a correspondente resolución de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez resolta a convocatoria, publicadas no portal educativo https://www.edu.xunta.gal as cualificacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2017/18 ao alumnado que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO

Premios extraordinarios nas modalidades de Música, de Danza e
de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia,
correspondentes ao curso 2017/18

Modalidade de Música.

Sol.

Apelidos e nome

Centro de estudos

Importe

2506833

Fernández Arias, Anxo

CMUS Prof. Xoán Montes. Lugo

850 €

2513613

Fernández Silva, Iria

CMUS Prof. Xoán Montes. Lugo

850 €

2506715

Resch Pérez, Mencía

CMU Profesional da Coruña

850 €

Modalidade de Danza.

Sol.

Apelidos e nome

Centro de estudos

Importe

2532326

Placer Lema, Marta

CDAN da Coruña

850 €

Modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

Sol.

Apelidos e nome

Centro de estudos

Importe

2468461

Pisón Egea, Xulia

EASD Pablo Picasso

850 €

2367237

Alonso Sánchez, Lidia

EASD Mestre Mateo

850 €