Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de proposta de resolución do expediente IN635C 2018/69-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puideran practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase o interesado que o expediente se atopa á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado

CIF

Acto que se notifica

Concello

IN635C 2018/69-1

C.P. Catabois 91

H15893704

Proposta de resolución

Ferrol