Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6769

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 18 de abril).

O artigo 19 da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan para o ano 2018 establece que de conformidade co establecido no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas nos termos previstos no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Igualmente en cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2018 (DOG núm. 75, do 18 de abril), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2018 (código de procedemento MT811A).

Crédito orzamentario: 100.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 07.03.541B.460.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Finalidade: axudas para actuacións encamiñadas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que estean nos centros de recollida autorizados, e/ou formen parte das colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e relativas aos gastos derivados do acto clínico para a esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción e as relativas aos gastos derivados do acto clínico para a identificación animal mediante a implantación do microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición do pasaporte sanitario.

Expediente, entidades beneficiarias, adxudicado:

Expediente

Entidade beneficiaria

Importe adxudicado

MT811A/001/2018

Concello de Ourense

19.619,97 €

MT811A/002/2018

Concello de Ponteareas

40,43 €

MT811A/003/2018

Concello de Coirós

3.804,61 €

MT811A/005/2018

Concello de Pontevedra

5.427,74 €

MT811A/009/2018

Concello de Vilagarcía de Arousa

20.808,04 €

MT811A/010/2018

Concello de Ares

50,46 €

MT811A/011/2018

Concello de Lugo

12.086,12 €

MT811A/013/2018

Concello de Sanxenxo

313,00 €

MT811A/014/2018

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

4.680,00 €

MT811A/016/2018

Concello de Verín

3.666,20 €

MT811A/018/2018

Concello de Santiago de Compostela

11.034,98 €

MT811A/019/2018

Concello de Cambre

808,45 €

MT811A/020/2018

Deputación Provincial de Ourense

17.660,00 €