Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1334/2018-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-1334/2018-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba en que concrete os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2019

O xefe territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 6.10.2017)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-1334/2018-PPM

B94152881

Inicio

Lugar Ponte Arnelas, 13, Vilanova de Arousa

PSC-CO-1393/2018-PPM

79331327A

Inicio

Monte Farelo, 15, Fisterra

PSC-CO-1398/2018-PPM

53481353M

Inicio

Rúa do Castro, 10, ático A, Castiñeira, Ribeira

PSC-CO-1403/2018-PPM

53483821N

Inicio

Espiñeiriño, A Toxeira, 13, Noia

PSC-CO-1422/2018-PPM

X5643292N

Inicio

Breiro, 13, PO 1 C, Boiro