Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2019 Páx. 6984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o documento básico de actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela. Treito rúa Escurrida-Ponte Vella, de clave AC/18/024.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Con data 15 de febreiro de 2017 a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela asinaron un protocolo de colaboración para a mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago, en Santiago de Compostela.

Das partes asinantes do protocolo, a Axencia Galega de Infraestruturas, adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, encargaríase da execución material dos traballos que lle correspondan á Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 1 do Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas; e de acordo con encargo recibido o pasado mes de abril do 2017, adxudicáronse os traballos de redacción dos proxectos de construción, así como o control e vixilancia das obras de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela, de clave AC/17/012.10, que se desenvolverá en diferentes fases, e cuxo obxecto é buscar unha visión integral do Camiño de Santiago como fenómeno patrimonial, cultural e territorial único, independentemente dos diferentes itinerarios que conflúen no centro histórico compostelano: o Camiño Inglés, o Camiño Francés, o Camiño da Vía da Prata, o Camiño Portugués e o Camiño de Fisterra.

Este proxecto ten como finalidade acadar unha imaxe identitaria internacional común ao longo do Camiño, concretamente para mellorar a integración do peregrino na entrada da cidade de Santiago de Compostela, facilitando a dita percepción e diminuíndo a tensión de tráfico sobre o Camiño, así como favorecendo a mobilidade peonil nesta área ao priorizar o peregrino sobre o tráfico rodado.

Froito de todo isto, elabórase este documento básico: actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela. Treito: rúa Escurrida-Ponte Vella, de clave AC/18/024.06, no ámbito do Camiño Portugués, na zona pertencente a Conxo de Abaixo, concretamente na intersección da rúa da Volta do Castro, co obxecto de lograr a mellora da mobilidade e a rede de transportes ao longo do Camiño, co incremento da seguridade viaria; todo isto, dentro dunha mellora da percepción visual.

As principais actuacións que se levarán a cabo serán:

– Integración do Camiño de Santiago na trama viaria e urbana da zona.

– Ordenación e humanización das seccións viarias existentes.

– Definición dos elementos que se van empregar: pavimentos, mobilidade, etc.

Por último, o artigo 80 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 16 de maio de 2018) determina que a aprobación da delimitación dos Camiños de Santiago levará implícita a declaración de interese social e a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos para os fins de expropiación forzosa, de ocupación temporal ou de imposición ou modificación de servidumes tanto dos tramos necesarios para a funcionalidade da traza coma dos bens localizados no seu ámbito delimitado necesarios para a conservación, protección ou servizo do Camiño.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar, de acordo co artigo 80 da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, de interese social, e a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos contemplados no documento básico: actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela. Treito: rúa Escurrida-Ponte Vella, de clave: AC/18/024.06.

Segundo. Sométese ao trámite de información pública, para os efectos previstos nos artigos 18 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e os concordantes do seu Regulamento, a relación de bens e dereitos necesarios para a execución do documento básico: actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela. Treito: rúa Escurrida-Ponte Vella, por un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (Rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, Praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) está á disposición dos interesados o documento básico completo.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela.

Treito: rúa Escurrida-Ponte Vella (clave AC/18/024.06)

Concello de Santiago de Compostela.

Ref. catastral

Titular

DNI

Situación básica do solo

Clasificación urbanística

Superficie expropiación (m2)

Bens

1

5458507NH3455G

Ruanova Fraga, Andrés

****9622V

Solo rural

Reserva de viario

398

2

5458506NH3455G

Lorenzo Fernández, Manuel, herdeiros de

3302****S

Solo rural

Reserva de viario

57

3

15079A16800738

Penas Seijo, Josefa Elisa

****4431P

Solo rural

Reserva de viario

9

4

15079A16800737

Penas Seijo, Josefa Elisa

33****31P

Solo rural

Reserva de viario

28

5

15079A16800736

Penas Seijo, Josefa Elisa

3318****P

Solo rural

Reserva de viario

19

6

5458504NH3455G

Núñez Pereiro, Saladina

****9000Q

Solo rural

Reserva de viario

46

7

5458503NH3455G

Núñez Albor, Víctor e

Núñez Albor, Javier

3321****G

****5416F

Solo rural

Reserva de viario

52

8

5458901NH3455G

Ruanova Fraga, Andrés e Pampín Carril, Dorinda

33****22V

3301****Y

Solo rural

Reserva de viario

110

m2 soleira de formigón