De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos da comisión provincial do 28 de decembro de 2018.
Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas identificadas no anexo da presente resolución.
Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que conforme o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, situada na rúa Concello, 13, 32002 Ourense (988 38 66 51/52).
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, se é o caso, ditará a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.
Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facelo efectivo en cualquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente.
Ourense, 10 de xaneiro de 2019
Mª Luz Fernández Quintas
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Convocatoria xeral
Interesada: Eulalia C. Capistrano Antunes Bueno. R/ Cerca, 2, 4º L, O Carballiño.
NIE: Y 0908314N.
Importe: 2.142,22 €.
Curso: 2015/16.
Causa: 1.10. Non ter superado o 50 % das materias ou créditos matriculados.
Interesada: Mª José Couceiro Pérez. R/ Portocarreiro, vía B, 6, 1º esqda. Ourense.
NIF: 45165388N.
Importe: 260,00 €.
Curso 2015/16.
Causa: 1.1. Baixa no centro.