Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 75/2018).

Execución de títulos xudiciais (ETX 75/2018)

Procedemento orixe: procedemento ordinario 556/2016

Sobre ordinario

Demandante: Javier Solar Lavandeira

Graduado social: Pablo Castro Wagner

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Meco Solar, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 75/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Solar Lavandeira, contra a empresa Meco Solar 5, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse decreto en data 10 de xaneiro de 2019, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Meco Solar 5, S.L., en situación de insolvencia parcial por importe de 3.693,89 euros en concepto de principal, máis 768,46 euros en concepto de intereses de mora, máis 491,09 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Proceder á rectificación da declaración de insolvencia no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nestas actuacións.

Notifíqueselle ás partes, e a Meco Solar 5, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdicción social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para impugnar, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0075 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0075 185”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Meco Solar 5, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza