Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5895

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (368/2016).

Nos autos de ordinario número 368/2016, seguidos por instancia do procurador Santiago López Sánchez, en nome e representación de Manuela Vázquez Castro e Pablo Estraviz Vázquez, contra Alberto Lagares Estraviz, Francisco Javier Estraviz García, Mercedes García Tojo, María del Carmen Estraviz García, Soledad Lagares Estraviz, José Antonio Lagares Estraviz, José Ramón Lagares Estraviz, María de los Ángeles Lagares Estraviz, María Mercedes Lagares Estraviz, se ditou con data do 19 de outubro de 2017 sentenza, que contén o encabezamento e a parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza número 147/2017.

Xuízo ordinario 368/2016.

Betanzos, 19 de outubro de 2017.

Vistos por Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, os presentes autos do xuízo ordinario número 368/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Manuela Vázquez Castro e Pablo Estraviz Vázquez, representados polo procurador Santiago López e asistidos polo letrado José Pablo Ferrero, e partes demandadas Alberto Lagares Estraviz, Francisco Javier Estraviz García, Mercedes García Tojo, María del Carmen Estraviz García, Soledad Lagares Estraviz, José Antonio Lagares Estraviz, José Ramón Lagares Estraviz, María de los Ángeles Lagares Estraviz, María Mercedes Lagares Estraviz, representados pola procuradora Monserrat González, asistidos polo letrado José Díaz-Pache.

Resolvo.

Que, estimando a pretensión presentada pola parte demandante, Manuela Vázquez Castro e Pablo Estraviz Vázquez, fronte á parte demandada Alberto Lagares Estraviz, Francisco Javier Estraviz García, Mercedes García Tojo, María del Carmen Estraviz García, Soledad Lagares Estraviz, José Antonio Lagares Estraviz, José Ramón Lagares Estraviz, María de los Ángeles Lagares Estraviz, María Mercedes Lagares Estraviz, debo declarar e declaro a extinción da copropiedade dos bens e dereitos seguintes:

– Casa sita no lugar de Foro, 42, concello de Vilasantar, composta de vivenda e almacén de 198 metros cadrados edificados, dos cales 79 metros corresponden a vivenda e 119 a almacén, con terreo circundante; toda a parcela ocupa a superficie de 607 metros cadrados. Linda ao norte, Jesús Sánchez López e Dosinda López Rodríguez, sur, Josefa Freire Vaamonde, leste, José Antonio García Mato e María Magdalena Lojo Rosada, e oeste, estrada Vilasantar.

Referencia catastral 2867420NH7626N000 1 TO.

– Negocio de panadaría e cereais, que rexentaban os cónxuxes José Estraviz Sanda e Carmen Rey Iglesias, e cuxa explotación continuaron os seus herdeiros, situado na casa sinalada co número e, levando a cabo o exercicio da actio comuni dividundo, acórdase a venda en pública poxa de tales bens, con admisión de licitadores estraños. En función das participacións dos copartícipes repartirase o prezo que se obteña do dito alleamento. Condénanse todos os demandados a se ater a esta declaración.

Ambas as partes conviñeron que a parte demandante cede toda a súa parte do negocio de panadaría a Mª Soledad Lagares Estraviz e que a parte demandada cede os dereitos hereditarios da cuarta parte de Mª Soledad na herdanza de José Estraviz Rey.

Non procede condena en custas.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada-xuíza que a ditou, no día da súa data e en audiencia pública. Dou fe.

E, en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma ao demandado José Ramón Lagares Estraviz, expídese o presente edicto.

Betanzos, 28 de novembro de 2018

Eva Ortiz Suárez
Letrada da Administración de xustiza