Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5574

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 250/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 250/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Vázquez Otero contra CNES Fragabouzas, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño. Despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 314/11 con data do 12 de xullo, ditada no procedemento 590/09 a favor da parte executante, José Vázquez Otero, fronte a CNES Fragabouzas, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 1.317,44 euros en concepto de principal, máis outros 131,74 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, no seu caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que houberen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e firma SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019.

Parte dispositiva.

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir a executada CNES Fragabouzas, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 1.317,44 euros en concepto de principal, máis outros 131,74 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0250 18), con apercibimiento de que, en caso de non cubrir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de investigación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a CNES Fragabouzas, S.L., co fin de que no prazo de 10 días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimiento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante José Vázquez Otero, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, se é o caso, puidesen obterse na presente execución.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida na mesma a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a CNES Fragabouzas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza