Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5429

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos durante o terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia número 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

A Resolución do 7 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda durante o terceiro cuadrimestre do ano 2018, foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 21 de xaneiro de 2019.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 14, do 21 de xaneiro de 2019, cómpre incluír os convenios de colaboración relacionados a continuación, que se engaden aos xa publicados, así como modificar o obxecto do convenio recollido como primeiro na listaxe:

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2019

ANEXO

Corrección de erros. Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2018

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) para a realización das actuacións de dinamización da Rede galega de reservas de biosfera, Rede galega de espazos naturais protexidos, exposicións itinerantes, exposicións no castelo de Santa Cruz, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o CEIDA para a realización das actuacións de dinamización da Rede galega de reservas de biosfera, Rede galega de espazos naturais protexidos, exposicións itinerantes, exposicións no castelo de Santa Cruz, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental.

29.11.2018

56.000,00 €

Convenio marco entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, por medio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e a entidade Climate Kic Holding BV, para o lanzamento e desenvolvemento en Galicia da antena do Centro Español de Innovación en Cambio Climático Eit Climate Kic.

Establecer o marco de colaboración entre a Xunta e Climate - Kic, coa finalidade de lanzar e desenvolver en Galicia a Antena do Centro de Innovación en Cambio Climático Eit Climate Kic.

28.12.2018

Sen achega económica da consellería

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A., para o control, análise de toxicidade e identificación de especies das proliferacións masivas de cianobacterias en encoros e masas de auga das bacías hidrográficas dos ríos Miño e Limia.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o control, análise de toxicidade e identificación de especies das proliferacións masivas de cianobacterias en encoros e masas de auga das bacías hidrográficas dos ríos Miño e Limia.

4.10.2018

Sen achega económica da consellería

Adenda nº 2 ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e o Concello de Lugo para dotar de equipamento escénico o auditorio de Lugo.

Modificación do contido do punto 1 da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia– para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

28.12.2018

2.987.618,22 €