Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5427

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2018 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2019

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2018

Convenio

Achega consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Amoeiro en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

11.10.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Ribadumia en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

11.10.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a entidade de crédito Abanca Corporación Bancaria, S.A. polo que se establecen as condicións xerais de presentación telemática de avais ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

12.11.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a entidade de crédito Caixabank, S.A. polo que se establecen as condicións xerais de presentación telemática de avais ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

12.11.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a entidade de crédito Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. polo que se establecen as condicións xerais de presentación telemática de avais ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

12.11.2018

Protocolo de Adhesión do Concello de Lousame ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario así como dos demáis ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

26.12.2018

Acordo de prórroga para o ano 2019 do Convenio de colaboración subscrito entre a Axencia Tributaria de Galicia e as Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario da provincia de A Coruña do 29 de decembro de 2017.

629.200

27.12.2018