Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. 02/4305/2018, interposto pola Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria contra o Decreto 66/2018, do 14 de xuño, polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio polo cal se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. núm. 02/4305/2018, interposto por Mª del Carmen Camba Méndez, en nome e representación da Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, contra o Decreto 66/2018, do 14 de xuño, polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade