Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2019 pola que se fai pública a formalización do lote 4 do contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada, de xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia (25 lotes).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro) faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: extinta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na actualidade Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://plataformadecontratacion.xunta.gal/licitacion?N=283450

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE 2018/S 045-099814, do 6 de marzo de 2018; DOG núm. 47, do 7 de marzo de 2018; BOE núm. 59, do 8 de marzo de 2018, e corrección de erros no DOUE 2018/S 051-114135, do 14 de marzo de 2018; DOG núm. 54, do 16 de marzo de 2018 e BOE núm. 68, do 19 de marzo de 2018.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: xeolocalización e delimitación dos xacementos arqueolóxicos que se coñecen na Comunidade Autónoma de Galicia (25 lotes):

Lote 4: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo, Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vedra.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación do lote 4: 45.890,91 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 26 de setembro de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 29 de outubro de 2018.

c) Contratista: Juan José Alonso Braña.

d) Importe de adxudicación: 43.150,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa logo da aplicación dos criterios de adxudicación e a limitación na adxudicación dos lotes que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

O conselleiro de Cultura e Turismo
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo