Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 26 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no expediente de responsabilidade patrimonial 3/2018.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo que se notifica, a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Política Social; Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, situadas na rolda da Muralla 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida cando venza o prazo indicado para comparecer.

Lugo, 26 de decembro de 2018

Mª Jesús Rodríguez Losada
Instrutora

ANEXO

Expediente: 3/2018.

DNI: 33325980-S.

Acto de notificación: acordo denegatorio de proba.