Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4645

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Política Social

DECRETO 5/2019, do 24 de xaneiro, polo que se nomea secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social a María Francisca Gómez Santos.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Política Social, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e catro de xaneiro de dous mil dezanove,

Nomeo secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social a María Francisca Gómez Santos.

Santiago de Compostela, vinte e catro de xaneiro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social