Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4644

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Política Social

DECRETO 4/2019, do 24 de xaneiro, polo que se dispón que cese Francisco Javier Abad Pardo como secretario xeral técnico da Consellería de Política Social.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Política Social, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte catro de xaneiro de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Francisco Javier Abad Pardo, como secretario xeral técnico da Consellería de Política Social, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e catro de xaneiro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social