Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 66/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 66/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Parrado Bermúdez contra María Dolores Ferreiro Varela e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2018.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a María Parrado Bermúdez e María Dolores Ferreiro Varela, e condeno a María Dolores Ferreiro Varela a aboar á executante a cantidade de 1.231,83 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, na data da presente resolución, así como a cantidade de 11.688,84 euros, en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e firma, Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a María Dolores Ferreiro Varela, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza