Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4303

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019

Beatriz Allegue Requeijo
Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Convenio

Importe

económico

Data da sinatura

Convenio de colaboración en actividades de interés xeral entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, Atresmedia Corporación de Medios de Comunicación, S.A. e Novartis Farmacéutica, S.A. para a elaboración dun plan formativo en habilidades de comunicación para profesionais sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia

Sen achega económica

27.6.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e cursos internacionais da Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas dos alumnos estranxeiros

Sen achega económica

22.10.2018

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e AstraZeneca, S.A. para a organización da actividade formativa II Xornada en diabetes para as CCAA

Ingreso

55.000,00 €

30.10.2018

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Merck Sharp & Dohme de España, S.A. para o desenvolvemento do proxecto Elaboración píldoras formativas

Ingreso

10.000,00 €

31.10.2018