Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4300

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade á subvención concedida ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (procedemento administrativo PR605A).

O 15 de xaneiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 11 de xaneiro pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (procedemento administrativo PR605A).

Así mesmo, o 15 de xaneiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 381199 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 22 de marzo de 2018, o Consello da Xunta de Galicia acordou autorizar a concesión dunha subvención a Telefónica de España, S.A.U., con NIF A82018474, por unha contía de 14.200.000 euros.

O 23 de marzo de 2018, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión e denegación de subvencións nos termos autorizados polo Consello da Xunta de Galicia, con indicación de que se notificase aos interesados.

Segundo o establecido nos artigos 17.3 das bases reguladoras aprobadas por Resolución do 11 de xaneiro de 2018 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as subvencións concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e tamén remitidas á Base de datos nacional de subvencións.

Faise constar que, consonte o establecido no artigo 6 da Resolución do 11 de xaneiro de 2018, as actuacións están cofinanciadas nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco da submedida 7.3 Apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular á súa creación, mellora e ampliación, ás infraestruturas de banda larga pasivas e á oferta de acceso á banda larga e a solucións de administración electrónica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR 2014-2020), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación da subvención concedida, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2019

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 11 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2018-2020 (procedemento administrativo PR605A), DOG núm. 10 do 15 de xaneiro de 2018).

b) Programa: 571A.

c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.770.0. Achegas ás empresas para o desenvolvemento da sociedade da información.

d) Finalidade: subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida.

e) Beneficiaria: Telefónica de España, S.A.U., con NIF A82018474.

f) Cantidades concedidas:

– Ano 2018: 2.683.739,20 €.

– Ano 2019: 7.677.507,20 €.

– Ano 2020: 3.838.753,60 €.