Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4335

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 431/2017).

PO. Procedemento ordinario 431/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Jesús Ferro Gilil

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Limpintegra XXI, S.L., Fogasa, Lexaudit Concursal, S.L.P., Luis A. Arqued Alsina

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 431/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Ferro Gil contra Limpintegra XXI, S.L., Fogasa, Lexaudit Concursal, S.L.P. e Luis A. Arqued Alsina, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, unha vez visto o procedemento ordinario 431/2017, por instancia de Jesús Ferro Gil contra Limpintegra XXI, S.L., Fogasa, Lexaudit Concursal, S.L.P. e Luis A. Arqued Alsina, en nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda interposta pola parte demandante contra a empresa demandada e condénase a demandada a aboar 12.522,20 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, e condénase a administración concursal a aterse a esta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo do cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza