Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 3935

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Os artigos 21 e 24 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establecen medidas de apoio a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Como resposta ás disposicións do citado Regulamento (UE) nº 1305/2013, a Xunta de Galicia elaborou o Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia para a etapa 2014-2020, no cal se inclúe a medida 8.3 (prevención de danos causados por incendios forestais, desastres naturais e catástrofes). O PDR 2014-2020 foi aprobado por Decisión de execución da comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, modificado mediante Decisión de execución C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, e a través da Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018.

Estas axudas sométense ao Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, tal e como exixe o seu artigo 34 no capítulo III.

Para cumprir a obriga de publiciade do artigo 9.2 do citado Regulamento (UE) 702/2014, deben comunicarse estas axudas á BDNS nos termos do artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Esta medida foi comunicada polo Estado co número de axuda SA.43021 ao abeiro do Regulamento (UE) 702/2014.

O Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, e o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, establecen que esta consellería é o departamento da Administración autonómica a que corresponden, entre outras, as competencias para propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito rural, nas cales se inclúen a prevención e defensa contra os incendios forestais.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola disposición derradeira primeira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes, e o Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, e a Orde de 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que establecen a regulación do réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes desta, así como tamén ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes delas. Esta lei aplícase con carácter supletorio respecto da normativa reguladora das subvencións financiadas pola Unión Europea.

A Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, establece no seu artigo 25 que a Consellería do Medio Rural dará aos montes veciñais en man común carácter preferente nas súas actuacións de fomento e mellora da produción agraria e na concesión de subvencións para esta finalidade.

A tramitación deste expediente acóllese á Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e 25 de outubro de 2001, que regulan a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a aprobación do expediente queda condicionado á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2019.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas, en consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común (en diante, MVMC), as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (en diante, Sofor) poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas establecidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva.

Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común e as Sofor na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

2. De acordo co devandito obxecto establécense dúas liñas de subvencións:

a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible (código de procedemento MR651A).

b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga (código de procedemento MR651B).

Artigo 2. Ámbito de aplicación e beneficiarios

1. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común e as Sofor da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio. No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

2. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades e as Sofor sempre que non incorran en ningunha das circunstancias mencionadas no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

3. Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, de acordo co establecido no número 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

4. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios, ou sexa, que poderá abranguer todo o territorio de Galicia, conforme o disposto na Orde do 18 de abril do 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.

5. No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.

6. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

7. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

8. No caso da liña II o cálculo da subvención deberá ser proporcional á superficie de cada CMVMC con respecto á superficie total da agrupación.

Artigo 3. Superficies forestais mínimas para solicitar subvencións

1. A superficie forestal mínima por expediente en comunidades de montes veciñais en man común será de cen hectáreas (100 ha).

2. Para acadaren a superficie, as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) poderán formar unha agrupación, sempre que as CMVMC estean nunha mesma provincia e, ademais, cumpran con algún destes requisitos:

a) Localización nun mesmo concello.

b) Localización en concellos limítrofes sempre que sexan estremeiras.

3. Nas Sofor e, excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estea localizada nalgún concello incluído en espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril) ou nalgún dos incluídos na zona de especial protección para as aves da Limia segundo o Decreto 411/2009, do 12 de novembro (DOG nº 230, do 24 de novembro), a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 50 ha.

Artigo 4. Condicións xerais

Con carácter xeral, deberase ter en conta o seguinte:

a) As Sofor e as CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro correspondente.

b) As cotas mínimas de reinvestimento dos montes veciñais serán do 40 % de todos os ingresos xerados, segundo o disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

c) Non se poderán solicitar subvencións para actuacións en:

1º. Zonas de protección lateral do Camiño de Santiago.

2º. Zonas en que existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

3º. Zonas incluídas en hábitats prioritarios.

d) En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as subvencións solicitadas en terreos en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme.

e) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse destas subvencións.

f) Non se concederán subvencións para o control selectivo de combustible nas mesmas superficies en que se subvencionou nos tres anos anteriores, excepto para a acción de roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais (artigo 32.5.d) da presente orde).

g) Non se poderán solicitar simultaneamente subvencións para as actuacións de roza en rexenerado forestal natural e de roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas na mesma superficie. No caso de solicitarse, queda anulada esta última actuación.

h) Cando as subvencións consistan nunha porcentaxe do orzamento das actuacións preventivas, o total da subvención calcularase segundo o orzamento apreciado e aprobado pola Consellería do Medio Rural, segundo o disposto para cada liña de subvencións nos capítulos II e III desta orde. O IVE non será subvencionable salvo que non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre o IVE.

i) Cada beneficiario só poderá obter unha subvención para cada unha das liñas, independentemente de que o solicite individualmente ou agrupado, xa que, en caso de agrupacións de CMVMC, hai que atender ao disposto no artigo 8, punto 3, da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, que recolle que todos os integrantes da agrupación terán a consideración de beneficiarios. Se un solicitante presenta solicitude individual e agrupadamente, levará unido o arquivamento da solicitude presentada individualmente. Se presenta mais dunha solicitude para a mesma liña arquivaranse todas as solicitudes presentadas.

j) Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas Directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Conforme estas, considerarase que unha empresa está en crise se concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

i) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito;

ii)Tratándose dunha sociedade en que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando teña desaparecido polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade;

iii) Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia a petición dos seus acredores;

iv) Tratándose dunha empresa que non sexa unha peme, cando durante os dous anos anteriores:

– A ratio débeda/capital da empresa fose superior a 7,5, e

– A ratio de cobertura de intereses da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, fose inferior a 1,0.

– As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida no inciso iii) do parágrafo anterior.

– En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

k) Os montes con superficies superiores a 25 hectáreas en couto redondo deben contar cun plan técnico, proxecto de ordenación, plan de xestión en que se considere a realización dos traballos solicitados ao abeiro da presente orde, ou presentar xunto coa solicitude de axuda unha copia da súa adhesión aos modelos silvícolas, de acordo co establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 52/2014 e segundo a Orde de 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

Artigo 5. Informes internos previos ao inicio das actuacións

1. No caso de que as actuacións se atopen dentro da Rede Natura 2000 solicitarase informe ao servizo provincial con competencias en materia de conservación da natureza.

2. No caso de que as actuacións se atopen en montes xestionados pola Xunta de Galicia, solicitarase informe do Servizo Provincial de Montes.

3. Para a liña II, informe do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPDCIF) da xefatura territorial correspondente en que se fará referencia á idoneidade do punto de auga en relación coa súa localización, características construtivas, viabilidade dos traballos, realidade xeométrica das obras, dispoñibilidade dos terreos, raio de acción do punto de auga e superficie para defender e o non inicio da construción.

Artigo 6. Actividades subvencionables, importes, contías e criterios de selección

1. As accións subvencionables, así como os importes e a porcentaxe subvencionable recóllense nos capítulos II e III desta orde para cada liña de subvención.

2. Os criterios específicos de valoración para a adxudicación de subvencións recóllense igualmente nos capítulos II e III para cada unha das liñas de subvención.

Artigo 7. Solicitudes electrónicas e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Deberán presentar obrigatoriamente solicitude electrónica correctamente completada, conforme ao anexo I (código de procedemento MR651A) ou II (código de procedemento MR651B), segundo a liña de subvención. Os datos incluídos nestes anexos terán a consideración de declaración responsable e son esenciais para a súa aprobación polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución de concesión.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se, no mes de vencemento, non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 8. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Xustificación por parte do beneficiario de non suxeición ou exención do imposto sobre o valor engadido (IVE) emitida pola AEAT. En caso de non presentarse esta xustificación ou non ser válida, considerase que o IVE non é subvencionable para o beneficiario.

b) Xustificación de que os montes con superficies superiores a 25 hectáreas en couto redondo contan cun plan técnico, proxecto de ordenación, plan de xestión en que se recolla a realización dos traballos solicitados ou unha copia da súa adhesión aos modelos silvícolas, de acordo co establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 52/2014 e segundo a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

c) No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, a solicitude irá asinada polo representante da agrupación de conformidade co artigo 2.7 das presentes bases. Neste suposto e con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da subvención, deberá constar no expediente a documentación que acredite a representación para efectos de tramitación da subvención e, se for o caso, do seu cobramento, de conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o modelo que figura no anexo III.

d) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis favorable economicamente, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán exercer a súa actividade vinculada á silvicultura.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente, para as liñas I (MR651A) e II (MR651B) os datos incluidos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias que constan en poder da AEAT.

c) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social que constan en poder da Tesouraría da Seguridade Social.

d) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias que constan en poder da Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Instrución dos expedientes e resolución

1. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de subvencións é a Subdirección Xeral de Prevención.

2. Unha vez presentada a solicitude, o Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural revisarán que conteña toda a información requirida. No caso de que conteña defectos ou omisións, o requirimento de emenda de erros practicarase só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. O SPIF das xefaturas territoriais correspondentes proporá ao órgano colexiado a relación das solicitudes presentadas que cumpran todos os requisitos desta orde. O dito órgano estará composto por un subdirector/a xeral da dirección xeral de Defensa do Monte, un funcionario/a con rango mínimo de xefatura de sección e, actuando como secretario/a, un funcionario/a dese centro directivo, con rango mínimo de xefatura de negociado.

4. O órgano colexiado valorará as solicitudes de subvención segundo os criterios de prioridade establecidos nesta orde para as distintas liñas e emitirá un informe ao subdirector xeral de Prevención que, pola súa vez, elevará a proposta de concesión ao director xeral de Defensa do Monte.

5. O director xeral de Defensa do Monte, por delegación do conselleiro do Medio Rural, resolverá sobre a aprobación das subvencións solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

6. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. No caso de non ditarse resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente, conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de Notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

9. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

10. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

11. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

12. Na notificación da resolución informaranse aos beneficiarios de que se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, medida 8.3, prioridade 4 do PDR de Galicia 2014-2020, e a súa selección segundo os criterios establecidos nos artigos 34 e 37, segundo establece o punto 1.5 do anexo III (Notificación da concesión da axuda) do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

Artigo 11. Recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 12. Compromisos dos beneficiarios e coordinación co SPDCIF

1. Os medios humanos e materiais a que se refire esta orde atenderán ao disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, modificado pola Lei 10/2006, do 28 de abril, pola que se modifica a Lei 43/2003.

2. Os puntos de auga deberán manterse operativos durante, polo menos, 20 anos e manter o acceso libre para as tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais.

3. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á Consellería do Medio Rural, así como a outras instancias autonómicas ou comunitarias.

4. Os medios humanos e materiais que executen as obras deberán cumprir coa normativa laboral, en particular coa de prevención de riscos laborais.

Artigo 13. Documentación complementaria posterior á resolución e prazo de presentación

1. No prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á notificación da resolución de aprobación o beneficiario presentará electronicamente un documento descritivo das actuacións que se axuste aos contidos mínimos que se indican no artigo 14. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderase requirir ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para continuar coa tramitación do procedemento. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Artigo 14. Contido do documento descritivo das actuacións

1. Os contidos mínimos que deberá ter o documento descritivo, no caso de ter que presentarse, son os seguintes:

a) Estado legal dos predios obxecto de subvención: superficie, localización, estremeiros, accesos... En particular, deberá reflectirse se as actuacións se atopan en:

1º. Montes xestionados pola Xunta de Galicia.

2º. Rede Natura 2000.

3º. Zonas de protección lateral do Camiño de Santiago.

4º. Zonas en que existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

5º. Terreos cun proceso de concentración parcelaria iniciado.

6º. Terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

b) Descrición das actuacións que se levarán a cabo. As actuacións describiranse por zona de actuación ou mouteira (zona de actuación/mouteira 1, 2...), detallando a relación de parcelas Sixpac correspondentes ás zonas de actuación.

c) No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, incluirase nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que participa cada monte veciñal da agrupación.

d) Cartografía: planos sobre mapas oficiais preferentemente a escala 1:5.000 ou, na súa falta a escala 1:10.000. Estes planos reflectirán onde se localizan as distintas actuacións para cada zona. As lendas incluirán, para cada unha destas, a identificación (zona de actuación/mouteira 1, 2 ...), os tipos de actuación e as superficies de actuación. As actuacións en áreas de devasas marcaranse en cor ciano, as de faixas auxiliares en cor vermella, as de roza en rexenerado forestal natural en cor maxenta e as de rareo en entrefaixas en cor verde. Os puntos de auga irán marcados cun círculo na cor negra e indicando as coordenadas UTM.

2. No referente aos traballos para a liña I, ademais dos planos mencionados, a información que fai referencia ás actuacións previstas no parágrafo anterior terá que ser presentada en soporte dixital en formato vectorial. Os arquivos estarán xeorreferenciados sobre o datum ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N e en formato shape (shp). Teñen que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada polígono.

3. A táboa de atributos do shape terá un formato dbf e a estrutura deberá seguir obrigatoriamente o modelo que se amosa embaixo, tanto nos títulos dos campos como na posición destes na táboa.

4. A fin de asegurar unha homoxeneidade na información vectorial subministrada, detállase a seguir o modelo de datos e codificación alfanumérica das entidades vectoriais (polígonos).

a) Formato: shapefile (a información subministrarase nun arquivo zip comprimido co conxunto dos arquivos que compoñen o formato shapefile).

b) Nome do arquivo: coincidente co código completo do expediente de axudas (tanto arquivos do shapefile como nome do arquivo de compresión).

c) Datum e proxección: ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N.

d) Entidade vectorial: polígono.

5. A información alfanumérica asociada á entidade vectorial deberá seguir as seguintes características:

Nome do campo

Características

Observacións

Cod_expdte.

Alfanumérico (varchar) de 13 díxitos

Código completo do expediente de axudas

Prov.

Numérico enteiro curto de 2 díxitos

Segundo códigos Sixpac 2018

Muni.

Numérico enteiro curto de 5 díxitos

Segundo códigos Sixpac 2018 (provincia + municipio)

Agre.

Numérico enteiro curto de 3 díxitos

Agregado segundo Sixpac 2018

Zona

Numérico enteiro curto de 3 díxitos

Zona segundo Sixpac 2018

Políg.

Numérico enteiro de 6 díxitos

Polígono segundo Sixpac 2018

Parc.

Numérico enteiro de 11 díxitos

Parcela segundo Sixpac 2018

Rec.

Numérico enteiro de 11 díxitos

Recinto segundo Sixpac 2018

Sup_rec.

Numérico decimal dobre de lonxitude con 4 decimais

En hectáreas

Mouteira

Alfanumérico (varchar) de 5 díxitos

Identificación da mouteira: 1, 2... (posibilidade de incluír letras, nunca acentuadas)

Act.

Alfanumérico (varchar) de 40 díxitos

Código segundo cadro adxunto. Incluiranse unha ou varias actuacións. No caso de ser varias, separaranse os códigos mediante un guión medio (–) sen espazos e a serie comezará co código menor de forma ascendente ata o código de máis valor.

Sup_moutei.

Numérico decimal dobre de lonxitude 7 con 4 decimais

En hectáreas

Esta información deberá ser plenamente coincidente cos datos dispostos no documento de descrición das actuacións que se levarán a cabo (punto 1.b) deste artigo).

6. Táboa coa codificación do campo «Actuación»:

Código

Categoría

Actuación

1

Áreas de devasas

Roza mecanizada con rozadora de cadeas ou similar

2

Faixas auxliares de pista

Roza mecanizada con rozadora de cadeas ou similar

3

Roza mecanizada con rozadora de brazo ou similar

4

Roza mecanizada en rexenerado forestal natural

Roza mecanizada en rexenerado forestal natural

5

Roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais

Roza superficial de penetración e rareo das entrefaixas de masas forestais e eliminación mediante trituración con rozadora de martelos ou similar dos restos, no resto da superficie

A continuación xúntase exemplo ilustrativo da información alfanumérica asociado á entidade vectorial (polígono):

Cod_expdte.

Prov.

Muni.

Agre.

Zona

Políg.

Parc.

Rec.

Sup_rec.

Mouteira

Act.

Sup_moutei.

02369999/2019

36

36017

0

0

284

2

1

0,0412

1

1

0,0301

02369999/2019

36

36017

0

0

282

16

4

0,1002

2

2-3

0,0912

02369999/2019

36

36017

0

0

284

55

1

0,0721

3

5

0,0721

– – –

– – –

– – –

– – –

– – –

– – –

– – –

– – –

– – –

– – –

– – –

– – –

7. No caso de que a subvención se vaia desenvolver con medios propios deberá figurar adicionalmente no documento descritivo:

a) A vontade do beneficiario de empregar medios propios.

b) Orzamento completo da obra, detallando a cantidade de horas das diferentes categorías profesionais que interveñan na execución de cada unha das distintas unidades de obra.

c) Informe en que se describa en que vai consistir a actuación dos medios propios, diferenciando se se trata dunha actuación para toda a obra ou ben para unidades de obra concretas.

Artigo 15. Perda do dereito á subvención

Serán motivo de perda do dereito da subvención as seguintes causas:

a) Os informes desfavorables do Servizo de Conservación da Natureza, do Servizo Provincial de Montes ou do SPDCIF da xefatura territorial correspondente.

b) A notificación da resolución pola que se dea por transcorrido o prazo do requirimento de emenda da documentación.

c) A existencia de discrepancias entre as actuacións reflectidas no documento descritivo e as recollidas na resolución de aprobación.

Artigo 16. Execución da subvención

1. Para a liña I, unha vez aprobada a subvención e presentada a documentación recollida no artigo 14, poderase realizar unha inspección para verificar as superficies propostas de traballo e a súa viabilidade. Esta inspección será realizada no campo por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural.

2. Os traballos poderán comezarse unha vez sexan favorables os informes que se recollen no artigo 5, se son necesarios.

3. No caso de renuncia, despois de recibida a aprobación da subvención, deberá comunicarse por escrito á Consellería do Medio Rural no prazo de dez días. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, de acordo co parágrafo do artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Subcontratación dos traballos

1. O beneficiario poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada, conforme o previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas a diferentes provedores e achegalas na solicitude. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

3. Os contratistas quedarán obrigados só fronte ao beneficiario, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Consellería do Medio Rural.

4. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 €, a subcontratación estará sometida a que o contrato se subscriba por escrito e que sexa autorizada previamente pola Consellería do Medio Rural.

5. Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no anterior número.

6. No suposto de subcontratación, non serán subvencionables os custos relativos aos seguintes subcontratos:

a) Os que aumenten o custo da execución da operación sen un valor engadido.

b) Os celebrados con intermediarios ou asesores nos cales o pagamento consista nunha porcentaxe do pagamento total da operación a non ser que o beneficiario xustifique o dito pagamento por referencia ao valor real do traballo realizado ou os servizos prestados.

Artigo 18. Alteración de condicións

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificacións da resolución de concesión.

2. No caso de que haxa modificación de parcelas Sixpac ou de distribución de superficie de actuación sobre estas, presentarase unha memoria modificada, que deberá obter un informe favorable do SPDCIF da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural correspondente.

Artigo 19. Responsabilidade

1. A organización e materialización das actividades subvencionadas será responsabilidade exclusiva do beneficiario.

2. A actuación da Consellería do Medio Rural quedará limitada ao outorgamento da correspondente subvención e a garantir o cumprimento da normativa en materia de subvencións.

Artigo 20. Xustificacións

1. O beneficiario deberá comunicar aos SPDCIF das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural o remate das obras.

2. O prazo máximo para o remate e xustificación dos traballos será 4 meses desde a notificación da resolución de aprobación da subvención e, como máximo, ata o 31 de outubro do ano 2019. A ampliación do prazo de xustificación será por solicitude do beneficiario e este nunca poderá exceder o 31 de outubro do ano 2019, así como cumprir co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. A xustificación presentarase de forma electrónica ante os SPDCIF das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, sen prexuízo do disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. A Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

5. Para os efectos do disposto no artigo 29, punto 2º, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e dado que existen custos de referencia para cada unidade de obra que supoñen que en ningún caso o custo de execución dos traballos subvencionados poida ser superior ao valor de mercado, considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

Artigo 21. Comprobacións

1. A subvención definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

2. Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas. Esta comprobación final consistirá en:

a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible.

Certificado emitido por dous funcionarios en que se indique se as obras realizadas foron executadas conforme a solicitude e a memoria inicial ou modificada presentada polo beneficiario, especificando o número de hectáreas rozadas e a súa localización.

b) Liña II: construción de puntos de auga.

Certificado emitido por dous funcionarios en que se indique se os puntos de auga foron realizados conforme a solicitude e a memoria inicial ou modificada presentada polo beneficiario.

3. No caso de que se tivese realizado unha inspección previa non poden coincidir os dous funcionarios que realizan a inspección cos que certifican.

4. No caso de que o importe xustificado polo beneficiario coa notificación de remate dos traballos supere en máis dun 10 % o importe da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, reducirase a maiores a subvención que se perciba, resultante da comprobación final, na diferenza entre ambos os importes. Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe xustificado.

Artigo 22. Solicitude de pagamento

1. As solicitudes de pagamento realizaranse a través da sede eléctronica da Xunta de Galicia e segundo os anexos V (liña I, control selectivo do combustible) e VI (liña II, construcción de punto de auga). Coa solicitude de pagamento, na cal figurará a data de remate dos traballos, achegarase a seguinte documentación e realizarase a declaración contida no punto c:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes datos:

i. Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas.

ii. Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos nesta subvención.

c) Declaración doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia, que figura nos anexos V (liña I MR651A) e VI (liña I MR651B).

d) Facturas e xustificantes de gasto. Os xustificantes de gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo, indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención e reflectindo, neste último caso, a contía exacta que resulte.

No caso de presentar copias das facturas, achegaranse tamén os orixinais para seren dilixenciados pola Administración, marcándoos cun selo e indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, e indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– Data de expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluída no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, recibos nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tales ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

e) Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación de orixinal e copia, para a súa compulsa e selaxe, dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

i. Presentaranse o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, deberá ser orixinal ou copia compulsada e estará selado pola entidade bancaria.

ii. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

iii. No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

iv. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

v. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

vi. No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

vii. No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda a un terceiro, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considérase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, presentada coa seguinte documentación:

1º. Comunicación otorgando o dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo IV desta orde.

2º. Documento público ou privado polo cal se formalizou a cesión.

3º. Orixinal ou copia compulsada do xustificante de pagamento ou de exención do ITP e AXD, cando proceda.

4º. Certificado do secretario/a da CMVMC en que conste o acordo da asamblea autorizando a cesión do dereito de cobramento a persoa cesionaria.

5º. Copia do DNI/NIF/NIE da persoa cesionaria.

6º. Copia do NIF da entidade cedente.

7º. Acreditación do cumprimento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa cesionaria e da entidade cedente.

8º. Acreditación do cumprimento de obrigas coa Seguridade Social da persoa cesionaria e da entidade cedente que constan en poder da Tesouraría da Seguridade Social.

9º. Acreditación do cumprimento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa cesionaria e da entidade cedente.

Para a tramitación dos documentos dos puntos 5º, 6º, 7º, 8º e 9º anteriores consultaranse automáticamente os datos elaborados polas administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo IV e achegar os documentos. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

f) Arquivo gráfico en soporte dixital e formato vectorial tipo shape no datum ETRS89 e coordenadas UTM sobre o fuso 29N coa superficie afectada polos traballos, coas características descritas no artigos 14.2, 14.3, 14.4, 14.5 e 14.6.

2. No caso de empregar medios propios achegaranse, ademais:

a) Nóminas correspondentes ao tempo dedicado polo traballadores á execución do traballo, certificando especificamente o emprego da porcentaxe de tempo que cada traballador dedicou á obra.

b) Documentación acreditativa do pagamento das nóminas, cargas sociais e retención do IRPF.

c) No caso doutros gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada (compra de materiais,...) as facturas acreditativas deses gastos e os xustificantes de pagamento.

d) O beneficiario poderá imputar ao proxecto os custos de amortización dos medios materiais propios, sempre que se calculen de conformidade coas normas de contabilidade, para o cal deberá achegar a documentación acreditativa do sistema de cálculo empregado.

Artigo 23. Pagamento

1. O pagamento será satisfeito unha vez realizada a obra preventiva ou construción.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto o beneficiario non se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teña pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.

3. Non procederá o pagamento das subvencións nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 28 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

b) Para a liña I, no caso de que algún agrupado non execute a porcentaxe de traballos prevista e isto supoña que a agrupación non cumpre o disposto no artigo 3, en relación coas superficies forestais mínimas por expediente, non se procederá ao seu pagamento.

c) Execución de menos do 80 % das accións viables sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

Artigo 24. Procedemento de reintegro

1. Serán causas de reintegro as recollidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. Nestes casos, excepto nos de forza maior, procederá o reintegro da subvención percibida e dos xuros de demora producidos desde o seu pagamento de acordo coa Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario da Xunta de Galicia. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días entre a data de reembolso ou dedución.

3. Serán casos de forza maior, de conformidade co disposto no artigo artículo 2.2 do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembre de 2013:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade profesional de longa duración do beneficiario.

c) Expropiación dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que se subscribiu o compromiso.

4. A notificación dos casos de forza maior e as probas relativas a eles deberán realizarse por escrito e nun prazo de dez días hábiles, contando desde a data en que se produciu o caso de forza maior.

5. Así mesmo, procederase ao reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou outras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, á porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Artigo 25. Controis

1. A Consellería do Medio Rural realizará os controis administrativos sobre o 100 % das solicitudes de axuda e pagamento.

2. A Consellería do Medio Rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas, coa finalidade de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das subvencións concedidas.

3. Estes controis realizaranse sobre unha mostra que represente, ao menos, o 4 % do gasto público declarado á Comisión cada ano civil e, ao menos, o 5 % do gasto público subvencionable declarado á Comisión en todo o período de programación. Estes controis realizaranse, na medida do posible, antes do pagamento final dun proxecto.

4. Na liña II os expedientes poderán ser sometidos a controis a posteriori, estes controis cubrirán anualmente, ao menos, un 1 % do gasto en investimentos completamente pagados e comunicados á Comisión.

5. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas e as instancias de control comunitarias.

6. Seralles de aplicación ás subvencións recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar o pertinente control sobre o terreo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión regulados no sistema integrado de xestión e control das medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade reguladas no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013. Tamén se terán en conta as modificacións destes regulamentos introducidas polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

7. Serán de aplicación tamén os criterios xerais de aplicación de reducións, sancións e exclusións nas medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado do período 2014-2020, ditados polo Fondo Español de Garantía Agraria na circular de coordinación 32/2017.

8. Respecto das ofertas presentadas a que se fai referencia no artigo 8.1.d), e de acordo co artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os provedores desas ofertas estarán obrigados a prestar colaboración e facilitar canta documentación lle sexa requerida e, sobre todo, a necesaria para verificar a posible vinculación entre eses provedores.

Artigo 26. Financiamento

1. As subvencións que deriven da aplicación desta orde financiaranse, no exercicio 2019, con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.770.0, proxecto 2016 00212, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nunha porcentaxe do 75 %, pola Administración Xeral do Estado nun 7,5 % e pola Xunta de Galicia nun 17.5 %, respecto ao gasto público total.

2. O orzamento desta orde para o ano 2019 é de catro millóns e medio de euros (4.500.000,00 €), repartidos do seguinte xeito:

a) Liña I: dotada cun total de catro millóns de euros (4.000.000,00 €).

b) Liña II: dotada cun total de cincocentos mil euros (500.000 €).

3. A Consellería do Medio Rural, chegado o caso, poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento da presente orde cando o incremento derive de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

c) No suposto previsto no artigo 25.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

4. No caso de que quedasen remanentes de crédito destinados ao financiamento dunha liña de subvencións, tales remanentes poderán ser destinados ao financiamento da outra liña de subvención.

5. A orde tramítase como expediente anticipado de gasto, ao abeiro do previsto no artigo 25 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, polo que a aprobación do expediente queda condicionado á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para o 2019.

Artigo 27. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas do beneficiario:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o gozo da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Segundo o Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, establécese no artigo 71 que o beneficiario se compromete a proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades.

d) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

Deberase levar un sistema de contabilidade específica Feader ou ben un código contable axeitado onde se rexistren as transaccións relativas á operación, tal e como exixe o artigo 66.1 c) do Regulamento (UE) 1305/2013.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 de subvencións de Galicia.

j) De acordo co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia, cumprir co disposto no punto 2 da parte 1 do anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), en relación coa información e publicidade. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 €, deberase colocar unha placa explicativa, e cando o custo supere os 500.000 € deberase colocar un panel publicitario. En ambos os casos figurará a descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema da Feader «Europa inviste no rural».

Artigo 28. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o establecido no Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, e no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, e a modificación realizada nel, polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

Artigo 29. Datos de carácter persoal

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería do Medio Rural coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https:// www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Artigo 30. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 31. Trámites administrativos

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

CAPÍTULO II

Liña I, MR651A subvencións para o control selectivo de combustible

Artigo 32. Actividades subvencionables

1. A prevención engloba todas aquelas accións encamiñadas a eliminar ou reducir os riscos que poden ser causa da ocorrencia de incendios forestais e da súa propagación.

2. As actuacións subvencionables nesta liña consistirán no control selectivo do combustible en áreas de devasas, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural así como na roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais, coa finalidade de reducir a carga de combustible presente no monte e crear zonas con descontinuidade horizontal e vertical, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios forestais e a minimizar os danos causados por estes sinistros, en caso de se produciren. Estes traballos realizaranse sempre dentro do ámbito territorial do monte ou montes para os cales o beneficiario solicite a subvención.

3. Os plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito conteñen as accións necesarias para a defensa contra incendios forestais e, alén das accións de prevención e outras medidas previstas en materia de emerxencias, inclúen a previsión e a programación integrada das intervencións das diferentes entidades implicadas no operativo contra incendios forestais.

4. Todas as iniciativas particulares de prevención e defensa deben estar articuladas e encadradas nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito, por tanto, as actividades subvencionables incluídas nesta liña deben estar sempre de acordo co previsto no devandito plan de prevención.

5. Dentro desta liña subvencionaranse as seguintes accións:

a) Áreas de devasas:

1º. Consistirá na roza mecanizada do mato a feito. Non se inclúen nesta actuación as rozas en rexenerado forestal natural nin en montes cunha fracción de cabida cuberta arborizada igual ou superior ao 20 %. Son traballos que se encamiñan especificamente a romper a continuidade horizontal e vertical do combustible forestal cunha largura tal que en condicións normais deteña o lume e sirva de apoio aos medios terrestres para que nos labores de extinción realicen o ataque directo ou indirecto desde estas áreas, creando zonas estratéxicas co fin de dificultar o inicio e a propagación do lume e facilitar a defensa dos montes contra os incendios forestais.

2º. Estas faixas terán un largo mínimo de 16 metros e a altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

3º. No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro das áreas de devasas.

b) Faixas auxiliares de pista:

1º. Consistirá na eliminación nas marxes de vías e camiños forestais do estrato arbustivo e subarbustivo, ata os 2,50 metros en cada marxe, incluíndo a roza de cunetas e noiros sempre que sexa tecnicamente viable. Tamén se poderá incluír a plataforma do camiño, se for necesario, conforme o artigo 33.

2º. A altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

3º. No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro das faixas auxiliares de pista.

c) Roza en rexenerado forestal natural:

1º. Consistirá na roza mecanizada por faixas do mato con arboredo, co obxecto de defender a masa forestal, diminuír a densidade de pés e facela viable. Esta actuación estímase nuns 2/3 da superficie do rexenerado.

2º. A masa forestal procederá da rexeneración natural e terá un diámetro medio que non superará os 6 cm e unha densidade superior aos 5.000 pés/ha.

3º. A altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

4º. No seguinte artigo se descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro da roza en rexenerado forestal natural. Os prezos refírense a hectáreas de actuación.

d) Roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais.

1º. Consistirá nunha roza superficial de penetración, o rareo e a posterior eliminación dos restos acordoados en masas forestais coas características recollidas no punto c) anterior e nas cales en anos anteriores se tivesen realizado as actuacións recollidas nese punto. A roza superficial de penetración e o rareo aplicaranse nas entrefaixas, estímase que nun terzo da superficie, mentres que no resto da superficie, aproximadamente dous terzos, se eliminarán os restos mediante trituración

2º. A densidade final será de entre 1.000 e 2.000 pés/ha.

3º. A altura do mato despois da trituración non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

4º. No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro da roza e rareo nas entrefaixas de masas forestais. Os prezos refírense a hectáreas de actuación.

6. As actuacións poderanse desenvolver de xeito manual, con rozadoras ou apeiros manuais similares, se for necesario, mantendo sempre os importes e porcentaxes máximos de subvención previstos no artigo 33.

7. A superficie mínima que se pode solicitar para todas as devanditas actuacións será de 5 ha e a máxima de 30 ha, para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 1.000 ha clasificadas como MVMC e de 40 ha como máximo, para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual a 1.000 ha e as Sofor. Estes máximos poderán incrementarse ata 50 ha no primeiro caso, sempre que polo menos se soliciten 10 ha para roza mecanizada en rexenerado forestal natural e ata 60 ha, para o segundo caso, sempre que, polo menos, se soliciten 20 ha para roza mecanizada en rexenerado forestal natural.

8. A superficie mínima viable de execución para o conxunto de todas as actuacións, tras a inspección sinalada no artigo 16 deberá chegar cando menos ás 5 hectáreas. Se non for así, implicará a revogación no caso de que xa estivese concedida.

9. Non serán subvencionables os gastos anteriores á solicitude de axuda ou á acta de non inicio, se esta é anterior a aquela.

Artigo 33. Importes e porcentaxes das subvencións

1. A contía das subvencións estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

2. Os prezos que se reflicten na seguinte táboa son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como prezos máximos na aplicación polos SPDCIF para a aprobación dos orzamentos.

Unidade

Descrición

Prezo máximo
aplicable en euros

Porcentaxe
subvencionable

Áreas de devasas

Ha

Roza mecanizada con rozadora de cadeas ou similar

409,10

100 %

Faixas auxliares de pista

Ha

Roza mecanizada con rozadora de cadeas ou similar

409,10

100 %

Ha

Roza mecanizada con rozadora de brazo ou similar

490,07

100 %

Roza mecanizada en rexenerado forestal natural

Ha

Roza mecanizada en rexenerado forestal natural

272,73

100 %

Roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais

Ha

Roza superficial de penetración e rareo das entrefaixas de masas forestais e eliminación mediante trituración con rozadora de martelos ou similar dos restos, no resto da superficie

868,63

100 %

Artigo 34. Criterios de selección

1. A concesión das subvencións axustarase aos principios xerais recollidos no artigo 5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e en consonancia coas prioridades das medidas de fomento dispostas no artigo 121 da Lei 7/2012.

2. As actuacións preventivas subvencionadas complementarán os labores de prevención desenvolvidos polos medios propios dos SPDCIF, de xeito que se reforcen nos lugares estratéxicos e se estendan ao máximo posible no territorio.

3. Atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata acadar o orzamento asignado para esta liña, segundo o baremo seguinte:

a) Expedientes con Sofor ou montes veciñais situados en concellos declarados zonas de alto risco segundo o disposto na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal ou incluídos en concellos con espazos declarados zonas de especial protección dos valores naturais, segundo o disposto no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69 do 12 de abril de 2004): 2 puntos.

b) Número de comunidades que integran a agrupación e Sofor, puntuación:

Dúas comunidades: 0,20 puntos.

Tres comunidades: 0,45 puntos.

Catro comunidades: 0,75 puntos.

Cinco ou máis comunidades ou Sofor: 1 punto.

c) Superficie total da CMVMC, agrupacións de CMVMC ou mancomunidades clasificada como MVMC e Sofor:

Desde 500 ata 1.000 ha: 1 punto.

Máis de 1.000 e ata 2.000 ha: 2 puntos.

Máis de 2.000 ha ou Sofor: 3 puntos.

d) Expedientes que inclúan algún monte con instrumento de xestión rexistrado (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de Montes ou de acordo cos instrumentos de ordenación e xestión de montes da Lei 7/2012, de montes): 1 punto.

e) Expedientes con algún monte con certificación forestal con sistema PEFC ou FSC:1 punto.

f) Expedientes con montes protectores: 2 puntos.

4. Para todos os casos, de existir empate, prevalecerá a maior puntuación obtida no punto a) e, de continuar este, será preferente a maior puntuación obtida nos puntos b), c), d), e) e f) sucesivamente.

De continuar o empate, prevalecerá a maior superficie clasificada da CMVMC, agrupacións de CMVMC, mancomunidade ou Sofor, despois o maior número de comunidades que integran a agrupación e, por último, de maior a menor o valor da suma das catro últimas cifras do NIF da CMVMC ou Sofor solicitante ou representante.

5. De acordo co disposto no documento de “Criterios de selección de operacións do PDR de Galicia 2014-2020”, a puntuación das solicitudes estará entre 1 e 10 puntos.

CAPÍTULO III

Liña II, MR651B Construción de puntos de auga

Artigo 35. Actividades subvencionables

1. Os puntos de auga integran as redes de defensa contra incendios forestais dos distritos.

2. Subvencionarase a construción de puntos de auga para a prevención e defensa contra incendios forestais, que se localizarán en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais, cunha orografía axeitada para a actuación dos medios do SPDCIF e garantindo a actuación rápida destes. A localización dos puntos de auga será coherente co disposto nos plans de prevención de distrito.

3. Os puntos de auga deberán cumprir ao menos coas seguintes premisas:

a) Permitirán a carga de vehículos motobomba do SPDCIF.

b) Levarán peche perimetral de seguranza e protección.

c) As dimensións mínimas dos puntos de auga serán as que figuran a seguir:

1º. Depósito de auga 5×4×2 m (volume útil 30 m3).

2º. Depósito de auga 6×4×2,5 m (volume útil 50 m3).

3º. Depósito de auga 7×4×2,5 m (volume útil 60 m3).

4º. Depósito de auga 8×7×2 m (volume útil 110 m3).

4. Subvencionarase un máximo dun punto de auga para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 500 ha clasificadas e de dous puntos de auga para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual a 500 ha ou Sofor.

5. Ademais o beneficiario deberá manter operativos para a prevención e defensa contra incendios forestais estas infraestruturas durante, ao menos 20 anos, polo que deberá garantir:

a) Un acceso axeitado a eles dos medios do SPDCIF.

b) Un caudal continuo e suficiente.

c) Un baleiramento do depósito axeitado.

d) Manterán a zona perimetral libre de vexetación arbórea e arbustiva.

6. O uso principal destas construcións estará vinculado á prevención de incendios.

7. Non serán subvencionables os gastos anteriores á solicitude de axuda ou á acta de non inicio, se esta é anterior a aquela.

Artigo 36. Importes e porcentaxes das subvencións

1. A contía das subvencións estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

2. Os prezos que se reflicten na seguinte táboa son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na aplicación polos SPDCIF para a aprobación dos orzamentos.

Unidade

Descrición

Prezo máximo
aplicable en euros

Porcentaxe que hai que subvencionar

Ud.

Depósito de auga 5×4×2 m (volume útil 30 m3)

6.103,61

100 %

Ud.

Depósito de auga 6×4×2,5 m (volume útil 50 m3)

7.174,01

100 %

Ud.

Depósito de auga 7×4×2,5 m (volume útil 60 m3)

8.146,68

100 %

Ud.

Depósito de auga 8×7×2 m (volume útil 110 m3)

12.264,10

100 %

Artigo 37. Criterios de selección

1. A concesión das subvencións axustarase aos principios xerais recollidos no artigo 5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e en consonancia coas prioridades das medidas de fomento dispostas no artigo 121 da Lei 7/2012.

2. Os puntos de auga deberán localizarse estratexicamente no territorio de Galicia complementando as infraestruturas deste tipo do SPDCIF, de xeito que se garanta unha actuación o máis eficiente dos medios.

3. Atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata acadar o orzamento asignado para esta liña, segundo o baremo seguinte:

a) Expedientes con Sofor ou con montes veciñais situados en concellos declarados zonas de alto risco segundo o disposto na Orde do 18 de abril do 2007, pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal ou incluídos en concellos con espazos declarados zonas de especial protección dos valores naturais, segundo o disposto no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril de 2004): 2 puntos.

b) Número de comunidades que integran a agrupación ou Sofor, puntuación:

Dúas comunidades: 0,20 puntos.

Tres comunidades: 0,45 puntos.

Catro comunidades: 0,75 puntos.

Cinco ou máis comunidades ou Sofor: 1 punto.

c) Superficie total da CMVMC, agrupacións de CMVMC ou mancomunidades clasificada como MVMC ou Sofor:

Desde 500 ata 750 ha: 1 punto.

Máis de 750 e ata 1.000 ha: 2 puntos.

Máis de 1.000 ha ou Sofor: 3 puntos.

d) Expedientes que inclúan algún monte con instrumento de xestión rexistrado (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de Montes ou de acordo cos instrumentos de ordenación e xestión de montes da Lei 7/2012, de montes): 1 punto.

e) Expedientes con algún monte con certificación forestal con sistema PEFC ou FSC: 1 punto.

f) Expedientes con montes protectores: 2 puntos.

4. Para todos os casos, de existir empate, prevalecerá a maior puntuación obtida no punto a) e, de continuar este, será preferente a maior puntuación obtida nos puntos b), c), d), e) e f) sucesivamente.

De continuar o empate, prevalecerá a maior superficie clasificada da CMVMC, agrupacións de CMVMC, mancomunidade ou Sofor, despois o maior número de comunidades que integran a agrupación e, por último, de maior a menor, o valor da suma das catro últimas cifras do NIF da Sofor ou CMVMC solicitante ou representante.

5. De acordo co disposto no documento de Criterios de selección de operacións do PDR de Galicia 2014-2020, a puntuación das solicitudes estará entre 1 e 10 puntos.

Disposición adicional primeira

As subvencións contidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública e con calquera outro réxime de subvencións comunitarias para a mesma finalidade.

Disposición adicional segunda

Nos aspectos non previstos nesta orde observarase o disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e no Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013.

Disposición adicional terceira

De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán na súa páxina web e no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Disposición derradeira

A presente orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2018

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file