Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4058

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2018/19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TU200B).

BDNS (Identif.): 435285.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos que establece esta resolución e teñan formalizada a matrícula para realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2018/19 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

Segundo. Obxecto

Outorgamento, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á matrícula para os/as alumnos/as que teñan finalizados os estudos de gran diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou diploma superior en Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e vaian realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2018/19 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2018/19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Cuarto. Importe

Contía e de 60.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2 761A 480.0, proxecto 2015 00006 dos orzamentos da Axencia Turismo de Galicia para a anualidade 2019, financiada con fondos propios da Comunidade Autónoma.

Ao abeiro desta convocatoria concederanse un máximo de 20 axudas de estudos, cunha contía máxima de 3.000 € por alumno, sen que, en todo caso, esta cantidade supere o 40 % do importe da matrícula.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Prazo de aceptación ou renuncia á axuda

O prazo para a aceptación ou renuncia á axuda será de 10 días hábiles desde a notificación da resolución da concesión.

Sétimo. Aboamento das axudas

A Axencia Turismo de Galicia procederá ao aboamento da axuda unha vez notificada a resolución de concesión e transcorridos os prazos determinados no punto anterior.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia