Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 632/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 632/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia López Martínez contra Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L.U., José Antonio Iglesias Garaboa, José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Diseño), Diseño As Cancelas, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Diseño Pontevedra, S.L., Team Salom, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Iglesias Garaboa y Otra, C.B., José A. Iglesias Garaboa, TXSS, Servizo Público de Emprego, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Acordo: ter por desistida a Leticia López Martínez da súa demanda e, unha vez firme esta resolución, arquivaranse os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (art. 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 1596, clave 64 N, do Banesto, e sinalar no campo concepto a indicación recurso seguido do código “31 social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do “código 31 social-revisión”. Se efectuar diversos pagos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L.U., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Pontevedra, S.L., Team Salom, S.L. e Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza