Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para unha nova planta de fabricación de compoñentes metálicos para automoción. Titular: Benteler Automotive Vigo, S.L.U. Localización: concello de Mos.

Conforme o disposto no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará á disposición do público a documentación presentada por Benteler Automotive Vigo, S.L.U. para solicitar a autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para unha nova planta de fabricación de compoñentes metálicos para automoción en Mos, co fin de que calquera interesado poda consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. A documentación poderá consultarse:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de atención ao público.

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:

(https://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Titular: Benteler Automotive Vigo, S.L.U.

NIF: B 50846807.

Domicilio social: Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, parcelas 13-14.

Localización da instalación: parque empresarial da Veigadiña, Mos.

Actividade: fabricación de compoñentes metálicos para automoción.

Epígrafe de actividade (autorización ambiental integrada): anexo I, 2.6.

Categoría de proxecto (avaliación ambiental): anexo I, grupo 4.f.

Descrición da actividade: fabricación de compoñentes metálicos a partir de pezas estampadas mediante procesos de soldadura, granallado, quecemento, corte láser e pintado por electrodeposición.

Verteduras:

– Augas pluviais de cubertas: conectaranse á rede de pluviais do polígono.

– Augas pluviais de zonas á intemperie: trataranse en separadores de hidrocarburos antes da súa conexión á rede de pluviais do polígono.

– Augas fecais: verteranse á rede xestionada polo Consorcio de Augas do Louro.

– Augas de proceso e de limpeza das instalacións: serán tratadas nunha estación depuradora de augas residuais industriais na propia planta antes da súa vertedura á rede xestionada polo Consorcio de Augas do Louro.