Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 26 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Picato, nos concellos de Guntín e Lugo (expediente 2018/0082).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 21 de decembro de 2018, relativa ao proxecto do parque eólico Picato, nos concellos de Guntín e Lugo (Lugo), promovido por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.

A dita declaración poderase consultar na ligazón https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela) e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático