Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do cambio de subministración de gas propano a gas natural e desconexión das instalacións de GLP 50051346, 50051366 e 50051376 no termo municipal de Vigo, promovido pola empresa Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2018/78-0).

Para os efectos previstos no artigo 46 bis, nos seus números 1 e 8, da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia Galicia, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 30 de decembro de 1978 outorgouse a Repsol Butano, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servizo público de subministración de gas propano a 978 vivendas do conxunto urbano denominado polígono de Coia, situado no termo municipal de Vigo, mediante a Orde do Ministerio de Industria e Enerxía publicada no Boletín Oficial del Estado do 10 de febreiro de 1979.

As concesións administrativas transformáronse en autorizacións administrativas no momento da entrada en vigor da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, porque, segundo o establecido na súa disposición adicional sexta, todas as concesións para actividades incluídas no servizo público de subministración de gases combustibles por canalización quedan extinguidas e substituídas de pleno dereito por autorizacións administrativas.

O 23 de maio de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola cal se autorizou a transmisión das instalacións de distribución de GLP canalizado no polígono residencial de Coia (Vigo) e da súa autorización administrativa, da sociedade cedente Repsol Butano, S.A. a favor da sociedade adquirente Nedgia Galicia, S.A.

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do cambio de subministración de gas propano a gas natural e desconexión das instalacións de GLP 50051346, 50051366 e 50051376 no termo municipal de Vigo (Pontevedra).

Descrición das actuacións:

• Conexión dos clientes existentes de GLP á rede de distribución de gas natural da zona (non se reutilizará a rede de distribución de GLP de aceiro). Levaranse a cabo as seguintes actuacións:

– Instalación de dezasete (17) acometidas PE-32 (120 m) na rede existente de gas natural.

– Extensión da rede de gas natural mediante tubaxe PE-63 (120 m) e PE-110 (107 m) e instalación dunha válvula PE-110.

– 13 calas de 1m × 1m × 1m para instalación do tallo de acometida da rede existente de gas natural.

• Conversión a gas natural das instalacións receptoras existentes, a súa adecuación e transformación de aparellos.

• Cambio das características do gas GLP (propano) a gas natural.

• Desconexión, baleiramento e inertización das plantas de GLP existentes:

– Planta GLP-249-36 (50051346), polígono de Coia, zona 1, rúa Baiona, s/n, Vigo (Pontevedra). Referencia catastral: 0640848NG2704S0001SB.

– Planta GLP-250-36 (50051366), polígono de Coia, zona 3, rúa Cangas, s/n, Vigo (Pontevedra). Referencia catastral: 0542202NG2704S0001XB.

– Planta GLP-251-36 (50051376), polígono de Coia, zona 4, rúa Bueu, s/n, Vigo (Pontevedra). Referencia catastral: sen referencia.

Termo municipal: a solicitude afecta ao termo municipal de Vigo, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: trinta e dous mil setecentos sesenta e seis euros con trinta e sete céntimos (32.766,37 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación desta resolución, que poderán examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas; Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, na rúa Fernández Ladreda, 43, 5º, 36071 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas