En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade O Cantiño, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 27 de abril de 2018, no Rexistro Provincial de Lugo. Consta como novo capital social mínimo 3.010,00 €.
Lugo, 2 de xaneiro de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo