En sesión que tivo lugar o día 10 de xaneiro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 26 de outubro de 2018 (DOG núm. 215, do 12 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, acordou que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 3 de febreiro de 2019, no salón de actos da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela (Campus Vida, avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019
Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal