En sesión que tivo lugar o 17 de decembro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde da Consellería de Facenda do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 54, do 16 de marzo) para cualificar o proceso selectivo que foi convocado mediante a Orde do 12 de abril de 2016, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, adoptou por unanimidade os seguintes
ACORDOS:
Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas no cuarto exercicio do proceso selectivo que foi convocado mediante a Resolución do 28 de decembro de 2018 (DOG número 3, do 4 de xaneiro), para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Segundo. Mediante a Resolución deste tribunal do 28 de decembro de 2018 e de conformidade coa orde de convocatoria do proceso selectivo, foi convocado para a realización do exercicio o 10 de xaneiro de 2019, a persoa aspirante que non acreditou en prazo posuír o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.
De conformidade coa base II.1.1.4. da convocatoria, superou o cuarto exercicio do proceso selectivo, o aspirante que obtivo o resultado de apto:
Apelidos e nome |
NIF |
Valoración |
Amor Blanco, José Manuel |
*2043 |
Apto |
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Publicar como anexo a esta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.
De conformidade coas bases IV.2 e IV.3 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista nas citadas bases.
Quinto. Elevar esta relación para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Sexto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2019
Camilo José Carrillo González
Presidente do tribunal
ANEXO
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
1er exercicio |
2º exercicio |
3er exercicio |
4º exercicio |
Total |
1 |
****1720 |
Blanco Gómez, Marcos |
15,08 |
11,35 |
18,08 |
Exento |
44,51 |
2 |
3278**** |
Amor Blanco, José Manuel |
17,11 |
16,80 |
10,17 |
Apto |
44,08 |
3 |
****6209 |
López Fernández, Sonia |
11,86 |
13,50 |
16,17 |
Exenta |
41,53 |
4 |
3612**** |
Pardo Montenegro, Jacobo |
12,54 |
15,70 |
12,99 |
Exento |
41,23 |