Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 28 de decembro de 2018 polo que se fai pública a resolución da concesión do Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo primeira edición.

Mediante a Orde do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 23 de maio de 2018 (publicada no DOG núm. 107, do 6 de xuño) aprobáronse as bases reguladoras e convocouse a XXI edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. O dito premio foi dotado cun importe de 3.500 euros, segundo o establecido pola base terceira da convocatoria.

En cumprimento do establecido na base décimo primeira da dita Orde do 23 de maio de 2018, «a adxudicación do premio realizarase mediante resolución da directora da EGAP, de acordo coa proposta do xurado». Esta resolución de adxudicación foi ditada por delegación en virtude do disposto polo ordinal 1º.i) da Resolución da Dirección da EGAP, do 17 de decembro de 2007, sobre delegación de competencias no secretario xeral.

De acordo co exposto, faise pública a Resolución de 28 de decembro de 2018 da concesión do Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo primeira edición, que foi adoptada de acordo coa proposta do xurado e seguindo o procedemento regulado na referida Orde do 23 de maio de 2018, e que literalmente di:

«Resolución:

Adxudicar o Premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo primeira edición a Alejandro Ramón Antelo Martínez, NIF 11961159D, polo traballo titulado Las verbenas populares en Galicia: régimen de intervención municipal.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto no dito boletín oficial, de acordo co disposto nos artigos 8.2.a) e 14 e 46.4, respectivamente».

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG. núm. 3, do 2 de xaneiro de 2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública