Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3669

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 13/2018).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Armaduras y Construcciones Morsa, S.L., en reclamación de cantidades, rexistrado co número de procedemento ordinario 13/2018 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Armaduras y Construcciones Morsa, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 21.2.2019, ás 9.35 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio dos xulgados, para a celebración do acto de conciliación e, en caso de non lograrse avinza, xuízo, para o mesmo día ás 9.40 horas. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Armaduras y Construcciones Morsa, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza