Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3670

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (625/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 625/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel Luciano Calvo Branco contra INSS, TXSS, Sociedad Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija (Musini), Auxini, S.A., sobre Seguridade Social (I. P.A.- A. T.) se pronunciou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Sentenza:

Que desestimando demanda interposta por Manuel Luciano Calvo Branco, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Auxini, S.A. e Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija (Musini), debo absolver e absolvo os demandados das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselle ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do Réxime Público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como; no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo. A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Auxini, S.A. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza