Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3662

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 325/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despido 325/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Carlos López García contra a empresa Neumáticos Radial, S.L., sobre despedimento, se pronunciou a seguinte sentenza con data do 9.11.2018 cuxa parte dispositiva se achega:

«Estímase a demanda interposta por Juan Carlos López García contra Neumáticos Radial, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 27 de marzo de 2018 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesma condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 32,56 euros diarios ou ben, por elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 10.377,38 euros por despedimento improcedente; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este prazo sen que optase entenderase que procede a readmisión.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes».

E auto de aclaración da sentenza con data do 17.12.2018 cuxa parte dispositiva se achega:

«Acórdase aclarar o contido da sentenza con data do 9 de novembro de 2018, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

No fundamento de dereito cuarto, último inciso, debe dicir: “con base no exposto, atendida a antigüidade do demandante, 2 de febreiro de 2005, o seu salario mensual de 990,26 euros e a data do despedimento, 27 de marzo de 2018, correspóndelle recibir unha indemnización de 17.131,50 euros por despedimento improcedente e un salario diario de 32,56 euros”.

Na sentenza da sentenza debe dicir: “Estímase a demanda interposta por Juan Carlos López García contra Neumáticos Radial, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 27 de marzo de 2018, e en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesma condicións que rexían antes de se producir o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 32,56 euros diarios ou ben, por elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 17.131,50 euros por despedimento improcedente; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselle esta resolución ás partes».

E para que sirva de notificación en legal forma a Neumáticos Radial, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza