Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 617/2016).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 617/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Fachado Mata contra Desarrollos Independientes de Proyectos, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte Resolución do 13 de decembro de 2018 contra a cal non se pode interpor recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da Lei reguladora da xurisdición social, e fágolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Desarrollos Independientes de Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza