Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 62/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 62/2018, seguido por instancia de Manuel Antonio Juncal González contra Iberian Soul, S.L., sobre a execución da Sentenza nº 282/2018, do 7 de novembro de 2018, se ditaron o Auto polo cal se despacha execución e o Decreto de embargo do 11 de decembro de 2018, polos cales se despacha execución e se lle require á mercantil executada a designación de bens, e contra os cales pode interpor recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

Para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Iberian Soul, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza