Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de decembro de 2018 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/196/2015-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 13 de novembro de 2018, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes en movementos de terra con alteración de rasante natural e construción dun alboio e caseta prefabricada, no lugar de Medoñas, parroquia de Priegue, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Antonio Seijas Rodríguez, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de diez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística