Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2019 Páx. 3586

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 28 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020.

O 14 de xaneiro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 9, a Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020.

A este respecto modifícase o devandito prazo establecendo como último día para presentar as solicitudes o 15 de febreiro de 2019, de xeito que o citado artigo 4.6 queda redactado como segue:

«As solicitudes poderán presentarse a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O último día de prazo para presentar as solicitudes será o 15 de febreiro de 2019».

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia